Reimóndez, M.: O club da calceta
Esta autora galega achéganos ao mundo feminino dende o feminino. Os pensamentos e a evolución de seis mulleres completamente diferentes que se xuntan case por azar nun clube de calceta. Unha disque que é a monitora pero non o quere confesar. Outra sofre pola súa bonitura e as do lado, pola súa grandeza de talle ou polo que lle falta.
Entre grecas e noticias de xornal, vanse tecendo as historias de Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda. Todas se contan nunha primeira persoa que fai que calquera das lectoras poidamos ser cada unha delas e todas á vez.
Ten un ritmo áxil e moi galego. Recrea os falares da terra e a súa maxia, aínda que en algúns momentos se perde por caer nalgún tópico estilístico ou literario.
É orixinal por facer confluir personaxes tan diversos pero o final vaise un pouco lonxe da realidade. É inocencia, o desexo de crear unha novela redonda ou unha luz de esperanza para todas?
Fíxoseme imposible escribir en castelán. Un libro tan noso merece un comentario coas nosas verbas.
